28/10/2025
En
Travesía Unicornio
09/11/2025 17:00 Auditorio V Centenario Baiona
Travesía unicornio é unha adaptación ao teatro do libro homónimo de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil e publicado por edicións Embora en marzo de 2023. Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Estes deberán escoitarse, aceptarse e o máis importante, aceptar tamén os desexos das demais persoas para que se cumpran os propios. Travesía unicornio é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero abrindo as portas a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos.
- Compapía Travesía Unicornio
- Actividade gratuíta
- Público familiar a partir de 4 anos