Bulebule
A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada e facer un barco, tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH).
Bulebule é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Dramaturxia e Dirección: Gustavo del Río
Elenco: Irene Lorenzo e Jimmy Núñez
Música: Daniel Valentín
Espazo escénico: Claudia L. Franco
Espazo iluminación: Daniel Pais
Construción escenografía: Luchi Iglesias
Coreografía: Adrao Casal
Asesoría de movemento: Raquel Santalla
Axudantía de dirección: Rebeca Vecino
Axudantía de produción: Antonio Vázquez
Asesoría dramática: Verónica Rego
Agradecementos: Confraría de Pescadores de Burela, Concello da Coruña,
Mousa House e Alicia Toba
